BONOS ESGOTADOS!
Goza do Camiño.
COMO FUNCIONA?
•Debes ter entre os 12 e os 30 anos e estar en posesión do Carné xove activo.
•O custo da totalidade da túa viaxe debe ser, sen o desconto, como mínimo de 300 euros*.
•A experiencia debe adquirirse a través das axencias de viaxe galegas que estean dadas de alta no programa.
•Só poderás ter un único desconto, que se vinculará ao teu número de Carné Xove.
•O desconto é persoal e intransferible.
•As solicitudes atenderanse por orde de compra ata esgotar dispoñibilidade orzamentaria.
*Para obter a axuda os beneficiarios deben achegar un cofinanciamento de, polo menos, 100 euros, ao que se lle sumará o desconto de 200 euros que achega Turismo de Galicia.
PROGRAMA
É unha iniciativa que pretende impulsar a experiencia do Camiño de Santiago entre a mocidade a través dun desconto de 200 euros en servizos ao longo de calquera das Rutas Xacobeas que transcorran por territorio galego.
Ademais, co obxectivo de reforzar o papel da intermediación turística entre os/as mozos/as, a Iniciativa Xacobeo Xove articúlase a través das axencias de viaxe galegas, que serán as encargadas de comercializar a experiencia do Camiño de Santiago á mocidade.
COMO PARTICIPAR?
•Ponte en contacto con algunha das axencias de viaxe adheridas ao programa.
•Deberás elixir entre un paquete xa configurado do Camiño de Santiago ou deseñar o teu propio itinerario.
•A túa viaxe poderá incluír todo tipo de servizos* relacionados co Camiño de Santiago en calquera das 10 rutas oficiais que transcorran por territorio galego.
•Unha vez seleccionada a túa experiencia, deberás presentar o Carné Xove activo á axencia de viaxes seleccionada.
•Achegar e autorizar o tratamento dos datos de carácter persoal necesarios para a formalización da viaxe.
*Aloxamento en diferentes tipoloxías de establecementos, desprazamentos ou outro tipo de actividades complementarias.
As viaxes poderán realizarse entre o 1 de xullo de 2023 e o 30 de novembro de 2024.
Para calquera dúbida adicional, podes escribirnos a
✉ xacobeoxove@clusterturismogalicia.com ou ✆ chama ao 881 505 103 .