Camiño Francés dende Sarria


Camiño Francés dende Sarria. A elexir entre 5 etapas e 6 noites ou 6 etapas e 7 noites con aloxamento e almorzo.

O Camiño Francés é a ruta Xacobea máis transitada e coñecida dende a Idade Media. Este itinerario, que segue a vía do sol, percorre de leste a oeste a provincia de Lugo e parte da de A Coruña.
Neste camiño, descubrirás personaxes curiosos e templarios, escoitarás historias de nobres e viláns, e mergullaraste en tradicións e costumes cheas de simbolismo. Ademáis, terás a oportunidade de degustar polbo, queixo e viño coas xentes do Camiño. E sen darte conta, ao lonxe, escoitarás as campás da Catedral: “Por fin Santiago”.
Invitámoste a descubrir “El Camino de Santiago y más” da nosa Galicia Xacobea. Esta experiencia única, singular e transformadora non te deixará indiferente.
Interésanos a túa experiencia persoal, polo que nos poñeremos en contacto contigo todos os días para todo aquelo que necesites. Entregarémosche un dossier coa información máis relevante do Camiño, incluíndo os teus aloxamentos, sitios de interese, horario da misa do peregrino e todo o necesario para facer do teu Camiño un encontro espiritual, un Camiño interior.
Os nosos servizos inclúen 5 ou 6 etapas e 6 ou 7 noites en réxime de aloxamento e almorzo. A última noite será en Santiago. Ofrecemos soporte diario de atención telefónica, pero non presencial. O orzamento non inclúe as comidas e ceas.
Tanto se elixes aloxarte en albergues privados, onde disporás dunha cama para durmir (con sabana baixeira, almofada con funda e manta) e espazos comúns (habitacións compartidas, e baños femininos, masculinos e adaptados), como se prefires a opción de pensión/aloxamento rural en habitación privada, dobre ou individual, con baño interior, estamos seguros de que esta experiencia non te deixará indiferente.
Antes do Camiño, asistirémoste coa xestión e tramitación do seguinte: seguro de viaxe, seguro de anulación (que non contempla o peche de fronteiras e debe formalizarse 15 días antes do Camiño), traslado de mochilas de etapa en etapa, tramitación e xestión das Compostelas na Oficina do Peregrino, e tramitación e xestión directa das credenciais.

Programa

Itinerario 5 etapas e 6 noites
Día 1: Chegada a Sarria por conta do cliente. Noite en Sarria.
Día 2: 1ª Etapa (Sarria / Portomarín). 22,4 km. Noite en Portomarín.
Día 3: 2ª Etapa (Portomarín / Palas de Rei). 24,3 km. Noite en Palas de Rei.
Día 4: 3ª Etapa (Palas de Rei / Arzúa). 29 km. Noite en Arzúa.
Día 5: 4ª Etapa (Arzúa / Arca). 19,1 km. Noite en Arca.
Día 6: 5ª Etapa (Arca / Santiago). 20 km. Misa do peregrino na Catedral.
Día 7: Fin do Camiño e regreso por conta do cliente.

Itinerario 6 etapas e 7 noites
Día 1: Chegada a Sarria por conta do cliente. Noite en Sarria.
Día 2: 1ª Etapa (Sarria / Portomarín). 22,4 km. Noite en Portomarín.
Día 3: 2ª Etapa (Portomarín / Palas de Rei). 24,3 km. Noite en Palas de Rei.
Día 4: 3ª Etapa (Palas de Rei / Melide). 14,8 km. Noite en Melide.
Día 5: 4ª Etapa (Melide / Arzúa). 14 km. Noite en Arzúa.
Día 6: 5ª Etapa (Arzúa / Arca). 19,1 km. Noite en Arca.
Día 7: 6ª Etapa (Arca / Santiago). 20 km. Misa do peregrino na Catedral.
Día 8: Fin do Camiño e regreso por conta do cliente.

Servizos

1. 5 ou 6 etapas e 6 ou 7 noites en réxime de aloxamento e almorzo.
2. Última noite en Santiago.
3. Soporte diario de atención telefónica, NON PRESENCIAL.
4. Asistencia, xestión e tramitación previa ao Camiño.
a. Seguro de viaxe.
b. Seguro de anulación. (Non contempla o peche de fronteiras, debe formalizarse 15 días antes do Camiño)
c. Traslado de mochilas de etapa en etapa.
d. Tramitación e xestión das Compostelas na Oficina do Peregrino.
e. Tramitación e xestión directa das credenciais.
Por favor, ten en conta que as comidas e ceas non están incluídas no paquete.

Días

7 ou 8

Camiño

Francés

Prezo

335


Agencia del Camino

Contacto para reservas: María Fernández Castelo – +34 650 91 72 09 +34 650 91 72 09 – mariacastelo@agenciadelcamino.com