Camiño Francés: Sarria – Santiago
É o "Camiño" por excelencia. O itinerario xacobeo con maior tradición histórica e o máis recoñecido internacionalmente.
Esta é a experiencia clásica do Camiño, o percorrido máis popular entre os peregrinos. Especialmente para os que se inician nas camiñadas de larga distancia con duración diaria entre 4-6 horas a pe. É un itinerario no que nunca se camiña só, disfrútase da compaña de peregrinos de todo o mundo.
Esta etapa final do Camiño Francés ten 115 km dende Sarria ata Santiago de Compostela. Normalmente resérvase como unha ruta de 5 ou 6 noites, cunha media de 20 km diarios, podendo adaptala a cada persoa en función do estado físico ou do tempo dispoñible.
O Camiño de Sarria a Santiago de Compostela está salpicado de pequenas aldeas e vilas entre prados e bosques. Aloxaraste en pequenos hoteis ou hostais familiares, sempre en habitacións privadas con baño. Inclúense os almorzos e os traslados diarios de equipaxes entre etapas.
Recomendamos aloxamento e almorzo, pero podemos reservar en réxime de só aloxamento se a túa intención é camiñar dende moi cedo. Tamén é posible reservar en albergues privados para facer o camino cun grupo reducido de amigos.
Programa
Etapa 2: Portomarín – Palas de Rei
Etapa 3: Palas de Rei – Arzúa
Etapa 4: Arzúa – O Pedrouzo
Etapa 5: O Pedrouzo – Santiago de Compostela
Servizos
Traslado de equipaxes entre aloxamentos
Prezo por persoa en habitación doble
Días
6 días / 5 noites
Camiño
Francés
Prezo
400