CAMINO NORTE ACTIVO


O Camiño Norte Activo chega para todos aqueles amantes do mar e do turismo activo. Disfruta con quen a ti máis che apeteza dun fin de semana ideal na Mariña Lucense con dous días de aloxamiento con desayuno e spá incluído, además dun tour guiado polas calas e covas de Ribadeo.

🌊Se buscas unha fin de semana na Mariña Lucense onde gozar do mar e da auga, este plan é para ti. Coñece os segredos e sorpresas que agocha a costa galega, nun camiño que te namorará destas fermosas paisaxes naturais.

Reláxate e mergúllate!

⚓ Propoñémosche unha fin de semana nun hotel fronte ao mar, onde gozar vendo pasar os barcos. Un lugar con espírito náutico no que sentir as incribles postas de sol e amencer, así como o relaxante son das ondas e a brisa do mar.

🧖🏻♀️Ademais de dúas noites para dúas persoas con almorzo incluído, este espectacular aloxamento conta cunha piscina climatizada de auga salgada e jacuzzi onde relaxarse na mellor compañía.

🦞Non podes deixar esta experiencia sen visitar e facer fotos para lembrar os impoñentes e vertixinosos acantilados que ofrece a Mariña Lucense, así como marchar sen probar os viños e tapas da zona.

🛶Para completar esta fin de semana propoñemos un percorrido para dúas persoas polas calas e covas de Ribadeo. Unha viaxe guiada en canoa que se desenvolverá tanto pola costa como no interior de covas naturais e calasespectaculares, confluíndo nun entorno natural seguro e tranquilo.

🗺️Este percorrido inclúe todo o que necesitas para gozar desta experiencia ao máximo. Serás guiado e acompañado no teu camiño por unha persoa que coñece perfectamente o entorno de mañeira que poidas coñecer e admirar o territorio cunha visión 100% local.

Programa

Venres:
● De 14:00 a 18:00 h. Check-in no aloxamento de Ribadeo. Habitación dobre ou twin con almorzo e acceso á zona de spa para dúas persoas incluído.

Sábado:
● Das 8:00 ás 11:00 horas. Almorzo no aloxamento.
● 11:00 h. Ruta en canoa para dúas persoas polas calas e covas de Ribadeo.
● 8:00 a.m. a 6:00 p.m. Acceso á zona de spa para dúas persoas.

Domingo:
● Das 8:00 ás 11:00 horas. Almorzo no aloxamento
● Ata as 12:00 h. Check-out e fin do servizo.

Servizos

● Planificación detallada da túa fin de semana en Ribadeo.
● Dúas noites de aloxamento en Ribadeo con almorzo incluído para dúas persoas en habitación dobre ou twin.
● Acceso de dous días ao spa do hotel para dúas persoas.
● Visita guiada para dúas persoas de 3 horas en canoa pola costa, calas e covas de Ribadeo.
● Seguro de viaxe con atención telefónica 24 horas.

Aviso importante! Data máxima de compra co teu bono Xacobeo Xove: novembro de 2024 ou ata fin de existencias dos vales (a Xunta de Galicia estreou un total de 3000 vales nesta campaña, e que tendo en conta a gran acollida que está a ter esta iniciativa, é posible que se esgoten). Data máxima para gozar das experiencias: novembro de 2024.

Días

Experiencia de 3 días. Reservas de luns a domingo, suxeito a disponibilidade e condicións meteorolóxicas favorables.

Camiño

Norte

Prezo

300


Experiencias del Destino

Contacto para reservas: Belén Encabo – 982 221 775 628 325 030 – info@experienciasdeldestino.com