Camiño Portugués dende Vigo ou Tui
Camiño Portugués. A elexir dende Vigo (5 etapas e 6 noites) ou dende Tui (6 etapas e 7 noites)
CAMIÑO PORTUGUÉS: UN CAMIÑO SEÑORIAL E INMENSO
Embárcate nunha viaxe transformadora a través do Camiño de Santiago Portugués, un camiño señorial e inmenso que segue a costa atlántica galega ata chegar a Redondela, se empezas dende Vigo. Se o teu inicio é Tui disfrutarás dunha fermosa vila medieval que custodia a catedral gótica e un dos barrios xudeus máis importantes do noroeste peninsular. Este paquete turístico ofrece dúas opcións de itinerario:
Desde Vigo (5 etapas / 6 noites) e Desde Tui (6 etapas / 7 noites), a última noite será en Santiago. Cada etapa está coidadosamente planificada para ofrecerche unha experiencia única e enriquecedora.
Antes do Camiño, asistirémoste coa xestión e tramitación do seguinte: seguro de viaxe, seguro de anulación (que non contempla o peche de fronteiras e debe formalizarse 15 días antes do Camiño), traslado de mochilas de etapa en etapa, tramitación e xestión das Compostelas na Oficina do Peregrino, e tramitación e xestión directa das credenciais. Por favor, ten en conta que os nosos servizos non inclúen o servizo de guía presencial nin as comidas e ceas.
Interésanos a túa experiencia persoal, polo que nos poñeremos en contacto contigo todos os días para todo aquelo que necesites. Ademáis, entregarémosche un dossier coa información máis relevante do Camiño, os teus aloxamentos, sitios de interese, horarios de misas e todo o necesario para facer do teu Camiño un encontro espiritual, un Camiño interior.
Tanto se elixes aloxarte en albergues privados, onde disporás dunha cama para durmir (con sabana baixeira, almofada con funda e manta) e espazos comúns (habitacións compartidas, e baños femininos, masculinos e adaptados), como se prefires a opción de pensión/aloxamento rural en habitación privada, doble ou individual, con baño interior, estamos seguros de que esta experiencia non te deixará indiferente.
E sen querer, ante ti e na distancia, as campás da Catedral: “Por fin Santiago”. Descobre “El Camino de Santiago y más” da nosa Galicia Xacobea, unha experiencia única, singular e transformadora. ¡Agardámoste no Camiño!
Programa
DÍA 1: Chegada a Vigo por conta do cliente. Noite en Vigo.
DÍA 2: 1ª Etapa (Vigo / Redondela). 20 Km. Noite en Redondela.
DÍA 3: 2ª Etapa (Redondela / Pontevedra). 23 Km. Noite en Pontevedra.
DÍA 4: 3ª Etapa (Pontevedra / Caldas). 25 Km. Noite en Caldas.
DÍA 5: 4ª Etapa (Caldas / Padrón). 19 Km. Noite en Padrón.
DÍA 6: 5ª Etapa (Padrón / Santiago). 26 Km. Misa do peregrino na Catedral. Noite en Santiago.
DÍA 7: Fin dos servizos da Agencia del Camino.
Dende Tui: 6 etapas e 7 noites
DÍA 1: Chegada a Tui por conta do cliente. Noite en Tui.
DÍA 2: 1ª Etapa (Tui / Porriño). 18 Km. Noite en Porriño.
DÍA 3: 2ª Etapa (Porriño / Redondela). 15,6 Km. Noite en Redondela.
DÍA 4: 3ª Etapa (Redondela / Pontevedra). 23 Km. Noite en Pontevedra.
DÍA 5: 4ª Etapa (Pontevedra / Caldas). 25 Km. Noite en Caldas.
DÍA 6: 5ª Etapa (Caldas / Padrón). 19 Km. Noite en Padrón.
DÍA 7: 6ª Etapa (Padrón / Santiago). 26 Km. Misa do peregrino na Catedral. Noite en Santiago.
DÍA 8: Fin dos servizos da Agencia del Camino.
Servizos
1. Dende VIGO (5 etapas / 6 noches)
2. Dende TUI (6 etapas / 7 noches)
Os nosos servicios inclúen:
1. Aloxamento e almorzo
2. Asistencia telefónica todos os días.
3. Non inclúen o servicio de guía presencial.
4. Non inclúen as comidas e cenas.
5. Asistencia, xestión e tramitación previa ao Camiño:
– Seguro de viaxe.
– Seguro de cancelación (causa xustificada)
– Incluído o traslado das mochilas de etapa en etapa.
– Tramitación e xestión das Compostelas en la Oficina do Peregrino.
– Tramitación e xestión directa das credenciais.
Días
7 ou 8
Camiño
Portugués interiorPortugués Costa
Prezo
385