Experiencia Atlántica no Camiño Portugués da Costa


10 días para coñecer e camiñar parte das nosas Rías Baixas e disfrutar da boa gastronomía

A túa aventura no Camiño portugués pola costa comenza tras chegar a A Guarda. Alí agarda por ti unha fermosa vila costeira famosa pola súa langosta e polo espectacular castro de Santa Tegra, do século I, que se levanta na desembocadura do río Miño e ofrece unhas vistas espectaculares desde 340m de altura que non deberías deixar pasar. Fronte a ti, Portugal. E ao teu carón, a inmensidade do Océano Atlántico, o Mar Tenebroso no que os mariñeiros da antigüidade temían perderse ao navegaren lonxe da costa. Alí comezarás o tramo cara a Santiago! 😯

Unha experiencia única pola costa. Un percorrido cheo de historia, como a dos monxes canoneiros de Oia ou o Castelo de Monterreal que protexía a baía de Baiona atacada polo pirata inglés Francis Drake. Con moi boa gastronomía, como a que temos en toda Galicia. Pero tamén con praias de area fina para tomar o sol e descansar despois das etapas do Camiño.

Programa

– Día 1. Chegada á Guarda. Aloxamento en A Guarda.
O mellor é chegares cedo para descansar nalgunha das súas praias. Ao día seguinte comezarás o percorrido ao carón da praia de Fedorento.
– Día 2. Etapa A Guarda – Oia. Aloxamento en Oia.
Aproveita este lugar instagrameable como poucos da costa galega para narrares a túa viaxe.
– Día 3. Etapa Oia – Baiona. Aloxamento en Baiona.
Se aínda tes folgos durante a etapa sube até o espectacular Faro Silleiro, un dos máis fermosos desta beira do Atlántico. E outro que engadir á lista de fotos!
– Día 4. Etapa Baiona – Vigo. Aloxamento en Vigo.
Poderás disfrutar dunha magnífica zona de marcha e de tapas. Por que aínda que os libros non se poidan escoller polas súas tapas, os bares si. 😋
– Día 5. Etapa Vigo – Redondela/Cesantes. Aloxamento en Redondela/Cesantes.
Unha boa etapa para te adentrares na lexendaria Ría de Vigo e descansares na praia de Cesantes diante da illa de San Simón. Descubre a súa interesante historia!
– Día 6. Etapa Redondela/Cesantes – Pontevedra. Aloxamento en Pontevedra.
Camiña ata un dos centros históricos mellor conservados de Galicia e adéntrate na igrexa da Peregrina para ver a súa forma de cuncha. Ou descobre o misterio da igrexa dos mareantes de Santa María.
– Día 7. Etapa Pontevedra – Caldas de Reis. Aloxamento en Caldas de Reis.
Etapara para deixares o mar ás túas costas e pór rumbo ao interior. Disfruta das augas termais en Caldas de Reis e recupera forzas.
– Día 8. Etapa Caldas de Reis – Padrón. Aloxamento en Padrón.
Comer os pementos é obrigado, pero non só: tamén poderás visitar a casa natal de Rosalía de Castro e ver o famoso “pedrón”.
– Día 9. Etapa Padrón – Santiago. Aloxamento en Santiago de Compostela.
Última etapa desta viaxe, que remata no corazón de Compostela. Recomendámosche ir á Oficina do Peregrino xusto ao chegar para obter a túa merecida Compostela. Non perdas a subida aos tellados da Catedral!
– Día 10. Tras almorzar, volta á casiña 🏡

Servizos

– 9 noites de aloxamento
– 9 almorzos completos para peregrinos
– traslado de equipaxes durante as etapas (nos nos ocupamos de todo, ti deixa o equipaxe no aloxamento e recolleo ao chegar)
– visita guiada polos tellados da Catedral (baixo dispoñibilidade)

Días

10

Camiño

Portugués Costa

Prezo

590


Camino de Santiago con PROGUÍAS

Contacto para reservas: Alba Rodríguez – 981539494 633111949 – reservas@proguias.es