MERGÚLLATE NO CAMIÑO


Desfruta dunha experiencia submarina única pola ruta Xacobea Mar de Arousa e Río Ulla. Un itinerario de 3 días dirixido a grupos de entre 2 a 6 persoas onde descubrir os tesouros submarinos do Camiño de Santiago por mar dun xeito diferente.

🗺️Descubre os lugares onde, segundo a lenda, o corpo do Apóstolo Santiago chegou dende Xerusalén a Galicia; máis coñecida hoxe como a Ruta Xacobea Mar de Arousa.

🛶 Conta a tradición que o apóstolo Santiago foi decapitado por orde de Herodes Agripa e trasladado polos seus discípulos nunha barca de pedra sen temón, que Deus guiou desde Palestina ata as costas galegas, onde foi enterrado. Sobre o sepulcro construíuse un mausoleo inspirado na necrópole romana, formado por unha pequena construción rodeada de columnas, cuxos restos permanecen nos baixos da Catedral de Santiago de Compostela.

👉🏻 Queres conseguir a Traslatio Xacobea Camiño de Santiago por Mar? Facilitarémosche este Caderno Náutico, equivalente á Compostelana, para iniciar a súa estampación nos portos da Ría de Arousa. Sabías que só son necesarios un mínimo de dous selos para obter esta certificación? Non esquezas selar finalmente a túa Cartilla Náutica na Igrexa de Santiago de Padrón para obter así o teu Diploma.

⚓ Propoñémosvos un Camiño de Santiago totalmente diferente.

🌊¿Que vos parece un plan diferente para dúas persoas no entorno da Pobra do Caramiñal, onde pasa o Camiño de Santiago por mar? Dende Experiencias del Destino temos preparadas múltiples experiencias para gozar en boa compañía.

🤿O primeiro día, despois de facer un bautismo de buceo, mergullarémonos na contorna de Ribeira, A Pobra do Caramiñal e Boiro para descubrir os tesouros desta senda marítima. Avistaremos illas, faros, bandexas de mexillón e zonas rochosas submarinas onde vive o famoso marisco galego. O segundo día, teredes a oportunidade de gozar dun día de relax na praia de Cabio, na Pobra, onde poderedes escoller entre unha experiencia en kayak, paddle surf ou snorkel.

🐶Este itinerario submarino tamén inclúe aloxamento neste fermoso pobo costeiro. No caso de dúas persoas propoñémosvos un camping con encanto á beira do mar, onde pasar unha agradable estancia para dous ou en compañía da vosa mascota. Para a opción de grupos temos reservada Villa Isaura, un aloxamento diferente no corazón de A Pobra do Caramiñal e decorado con temática mariñeira.

👀 Recomendamos aproveitar o tempo libre para visitar os barrios costeiros de Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Escarabote (Boiro) e Rianxo. Unha oportunidade para visitar museos e centros de interpretación da cultura mariñeira e igrexas vinculadas a Santiago Apóstol, ou simplemente relaxarse diante do mar sentindo a brisa e as ondas.

Programa

Día 1.
● Check-in en aloxamento da Pobra do Caramiñal. Cabana perfriendly para 2 persoas xunto ao mar ou en villa temática para 6 personas, ambos con praza de garaxe incluida.

Día 2.
● Punto de encontro e benvida no porto da Pobra do Caramiñal. Entrega do caderno náutico da Traslatio Xacobea da Fundación Ruta Xacobea Mar de Arousa e Río Ulla.
● Preparación do equipamento nunha base totalmente equipada. Inicio do bautismo de buceo con clase teórica práctica na costa da Pobra.
● Saída en lancha neumática e inmersión pola zona.
● Regreso á base náutica da Pobra e cambio de roupa.
● Tempo libre ata o día seguinte para visitar a Pobra do Caramiñal: barrio dos cataláns, museo Valle-Inclán na Torre de Bermúdez, casa Raquel Soler, etc. Selado da carta náutica da Traslatio na Pobra do Caramiñal.

Día 3.
● Check-out no aloxamento.
● Punto de encontro na base náutica da Pobra do Caramiñal.
● Preparación do equipamento nunha base totalmente equipada. Traslado á praia de Cabio para un día de kayak, paddle surf ou snorkel.
● Regreso á base náutica da Pobra e cambio de roupa.
● Tempo libre para visitar o barrio pesqueiro de Ribeira, igrexas e cruceiros de pedra. Selado da carta náutica da Traslatio Xacobea en Ribeira.
● Fin do servizo

Servizos

● Aloxamento por 2 noites para dúas persoas e mascota en cabana con cociña, terraza e praza de aparcamento.
● 2 comidas para dúas persoas.
● Embarcación semirrígida para traslados aos sitios de inmersión.
● Bautismo de buceo e 1 inmersión con equipo completo de mergullo.
● Guía de instrutor de buceo durante todas as inmersións.
● Iniciación ao kayak, paddle surf ou snorkel con equipamento incluído.
● Cartas náuticas Traslatio Xacobea da Ruta Xacobea Mar de Arousa e Río Ulla.

Non inclúe:
● Traslados por terra dende o aloxamento e as actividades por conta do cliente
● Almorzos e ceas

Aviso importante! Data máxima de compra co teu bono Xacobeo Xove: novembro de 2024 ou ata fin de existencias dos bonos (a Xunta de Galicia sacou nesta campaña un total de 3000 bonos, e tendo en conta a gran acollida que está tendo esta iniciativa, cabe a posibilidade de que se esgoten). Data máxima de disfrute das experiencias: novembro de 2024.

Días

Experiencia de 3 días. Reservas de luns a domingo, suxeito a disponibilidade e condicións meteorolóxicas favorables.

Camiño

Ruta del Mar de Arousa-Rio Ulla

Prezo

600


Experiencias del Destino

Contacto para reservas: Belén Encabo – 982 221 775 628 325 030 – info@experienciasdeldestino.com