Xacobeo Xove – Camiño de Santiago desde Sarria 110 km / 5 etapas
Camiña os últimos 110 quilómetros do Camiño Francés desde Sarria vivindo unha experiencia Máxica!
Esta viaxe está pensado para que goces intensamente da experiencia do Camiño de Santiago aínda que dispoñas de poucos días. Os últimos 110 quilómetros do Camiño Francés desde Sarria ofreceránche o mellor ambiente peregrino rodeado dun entorno rural máxico.
Caminarás por frondosos bosques de castiñeiros e carballos, testemuñas milenarias do paso dos peregrinos cara a Compostela. Hórreos, ermidas e cruces guiarán os teus pasos a través de verdes prados e pequenas aldeas que deixan ao descuberto a importancia da agricultura en Galicia.
Terás á túa disposición todos os servizos necesarios para unha experiencia de dez, incluíndo as mellores recomendacións de bares e restaurantes onde saborear a verdadeira gastronomía galega acompañada dunha Estrella Galicia ben fresquiña, a mellor recompensa ao final de cada etapa.
Un camiño para desconectar, aprender, reflexionar, coñecerte mellor e superarte, pero tamén para rir, namorarte, facer amigos… e sobre todo para engancharse. Porque unha vez que o fagas só terás un problema, e é que querrás repetir.
Programa
Día 2. Etapa Sarria – Portomarín (22 km)
Día 3. Etapa Portomarín – Palas de Rei (25 km)
Día 4. Etapa Palas de Rei – Arzúa (29 km)
Día 5. Etapa Arzúa – Pedrouzo (19 km)
Día 6. Etapa Pedrouzo – Santiago de Compostela (19 km)
Día 7. Fin da viaxe
Servizos
Servizos comúns nos diferentes Packs:
Transporte de equipaxe durante as etapas (Incluido)
Documentación completa (Incluido)
Credencial do Peregrino (Incluido)
Asistencia telefónica para emerxencias no camiño (Incluido)
Seguro de viaxe (Incluido)
Traslados privados (Opcional)
*Pack 1: Albergues con Almorzo + Agasallo Fin do Camiño (300€)
Inclúe 5 almorzos (agás en Santiago de Compostela)
Agasallo Fin do Camiño a escoller (masaxe, excursión ou mariscada)
*PACK 2: Albergues con Media Pensión (350€)
Inclúe 5 días en MP (agás en Santiago de Compostela)
*PACK 3: Hostais e Pensións en só Aloxamento (385€)
(Suplemento Individual 135€)
*PACK 4: Hostais e Pensións con Almorzo (439€)
Inclúe 6 almorzos
Días
7
Camiño
Francés
Prezo
Desde 300