#ocamiñoéxove

ÚLTIMOS BONOS:

CONSIGUE O TEU

DESCONTO DE 200 € XA!

COMO FUNCIONA?

•Debes ter entre os 12 e os 30 anos e estar en posesión do Carné xove activo.

•O custo da totalidade da túa viaxe debe ser, sen o desconto, como mínimo de 300 euros*.

•A experiencia debe adquirirse a través das axencias de viaxe galegas que estean dadas de alta no programa.

Só poderás ter un único desconto, que se vinculará ao teu número de Carné Xove.

O desconto é persoal e intransferible.

•As solicitudes atenderanse por orde de compra ata esgotar dispoñibilidade orzamentaria.

*Para obter a axuda os beneficiarios deben achegar un cofinanciamento de, polo menos, 100 euros, ao que se lle sumará o desconto de 200 euros que achega Turismo de Galicia.

PROGRAMA

É unha iniciativa que pretende impulsar a experiencia do Camiño de Santiago entre a mocidade a través dun desconto de 200 euros en servizos ao longo de calquera das Rutas Xacobeas que transcorran por territorio galego.

Ademais, co obxectivo de reforzar o papel da intermediación turística entre os/as mozos/as, a Iniciativa Xacobeo Xove articúlase a través das axencias de viaxe galegas, que serán as encargadas de comercializar a experiencia do Camiño de Santiago á mocidade.

COMO PARTICIPAR?

Ponte en contacto con algunha das axencias de viaxe adheridas ao programa.

•Deberás elixir entre un paquete xa configurado do Camiño de Santiago ou deseñar o teu propio itinerario.

•A túa viaxe poderá incluír todo tipo de servizos* relacionados co Camiño de Santiago en calquera das 10 rutas oficiais que transcorran por territorio galego.

•Unha vez seleccionada a túa experiencia, deberás presentar o Carné Xove activo á axencia de viaxes seleccionada.

•Achegar e autorizar o tratamento dos datos de carácter persoal necesarios para a formalización da viaxe.

*Aloxamento en diferentes tipoloxías de establecementos, desprazamentos ou outro tipo de actividades complementarias.

As viaxes poderán realizarse entre o 1 de xullo de 2023 e o 30 de novembro de 2024.

Para calquera dúbida adicional, podes escribirnos a
xacobeoxove@clusterturismogalicia.com ou ✆ chama ao 881 505 103 .

EBOOKS