DESCUBRE EN PARELLA O CAMIÑO A FISTERRA


ALOXAMENTO PENSIÓN COMPLETA 5 NOITES

Santiago de Compostela é a meta espiritual das peregrinacións pero a Costa da Morte tamén arrastra unha boa carga de misticismo. Antes dos descubrimentos Fisterra foi para moitos a última porción habitable do Mundo. Hoxe é o fin figurado, un lugar apartado ao que todos desexan chegar, do mesmo xeito que os pobos celtas e romanos, para agardar a hora do ocaso e ver esconderse o sol na inmensidade do océano.

A experiencia DESCOBRE EN PARELLA O CAMIÑO A FISTERRA ofrece aloxamento en réxime de pensión completa durante o camiño de Santiago de Compostela a Fisterra. Trátase dun programa de 6 días (5 noites) onde se inclúen os traslados desde o aloxamento ata o inicio de cada etapa.

Todos os aloxamentos distribúense en cabanas con cuarto dobre polo que é ademais unha opción perfecta para facer o camiño en parella, facendo a experiencia aínda máis inesquecible.

Programa

DÍA 1. TRASLADO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA A ALOXAMENTO
Recollida en Santiago de Compostela e traslado á cabana na que se aloxarán durante toda a estancia.
Cea de benvida en cabana.

DÍA 2. ETAPA 1: SANTIAGO DE COMPOSTELA – NEGREIRA
Almorzo en cabana e traslado a Santiago de Compostela para iniciar a primeira etapa.
Fin da etapa en Negreira, desde onde serán trasladados de novo ata a cabana.
Comida e cea en cabana.

DÍA 3. ETAPA 2: NEGREIRA – MAZARICOS
Almorzo en cabana e traslado a Negreira para retomar o camiño.
Fin da etapa no Miradoiro de Corzón (Mazaricos) e traslado á cabana.
Comida e cea en cabana.

DÍA 4. ETAPA 3: MAZARICOS – CORCUBIÓN
Almorzo en cabana e traslado ao Miradoiro de Corzón para retomar o camiño.
Fin da etapa en Corcubión e traslado á cabana.
Comida e cea en cabana.

DÍA 5. ETAPA 4: CORCUBIÓN – FISTERRA
Almorzo en cabana e traslado a Corcubión para levar a cabo a etapa final.
Fin da etapa en Fisterra e traslado a cabana.
Comida e cea en cabana.

DÍA 6. TRASLADO DE ALOXAMENTO A SANTIAGO DE COMPOSTELA
Almorzo en cabana e traslado a Santiago de Compostela.
Fin dos nosos servizos.

Servizos

Aloxamento en réxime de pensión completa. (6 días / 5 noites)
Traslado entre etapas.
Itinerario completo de roteiro.
Seguro de viaxe.
Teléfono de asistencia en roteiro.

Días

6

Camiño

Muxía Finisterre

Prezo

1020


NATURMAZ VIAJES S.L.

Contacto para reservas: JENNIFER MARTINEZ DANIS – +34 622 36 74 72 +34 622 36 74 72 – viajes@naturmaz.com