Xacobeo Xove – Camiño Portugués desde Tui (6 etapas) 120 km / 6 etapas
Camiña os últimos 120 quilómetros do Camiño Portugués desde Tui vivindo unha experiencia Máxica!
A vila de Tui contempla o seu reflexo sobre as tranquilas augas do río Miño. Unha vila fronteiriza elixida por milleiros de peregrinos para comezar a súa aventura no Camiño Portugués e chegar a Santiago de Compostela.
Se decides converterte en peregrino desta ruta, camiñarás por pequenas poboacións rurais rodeadas de viñedos e campos de cultivo. A medio camiño atoparás un alentador compañeiro de viaxe, o Océano Atlántico, que che guiará durante boa parte da ruta, regalándoche asombrosas estampas das rías de Vigo e Pontevedra. Un océano que che abandonará para dar paso a preciosos pontes medievais, capelas e vilas termais.
O Camiño Portugués desde Tui é tamén unha viaxe para os sentidos; descubrirás lugares de referencia da gastronomía galega. Imposible resistirse ás famosas ostras de Arcade, a unha ración de mexillóns regados cun inconfundible viño Albariño ou a descubrir se os verdadeiros pementos de Padrón pican… ou non.
Programa
Día 2. Etapa Tui – O Porriño (18,7 km)
Día 3. O Porriño – Arcade (23 km)
Día 4. Arcade – Pontevedra (12 km)
Día 5. Pontevedra – Caldas de Reis (21 km)
Día 6. Caldas de Reis – Padrón (18,6 km)
Día 7. Padrón – Santiago de Compostela (24,3 km)
Día 8. Fin da viaxe
Servizos
Servizos comúns aos diferentes Packs:
– Transporte de equipaxe durante as etapas (Incluído)
– Documentación completa (Incluído)
– Credencial do Peregrino (Incluído)
– Asistencia telefónica para emerxencias no camiño (Incluído)
– Seguro de viaxe (Incluído)
– Traslados privados (Opcional)
*Pack 1: Albergues con Almorzo (315€)
Inclúe 6 almorzos (agás en Santiago de Compostela)
*PACK 2: Hostais e Pensións en Só Aloxamento (515€)
(Suplemento Individual 175€)
*PACK 3: Hostais e Pensións con Almorzo (580€)
Inclúe 7 almorzos
(Suplemento Individual 175€)
Días
8
Camiño
Portugués interior
Prezo
315