Os últimos 100 km do Camiño Francés
5 etapas para descubrir por qué o Camiño Francés é a máis popular e percorrida de todas as rutas do Camiño de Santiago
Desfruta coñecendo a pé a ruta xacobea más transitada desde época medieval. Camiña polo interior das provincias de Lugo e A Coruña e explora as pequeñas vilas que aparecen ao teu paso. Patrimonio, cultura, gastronomía e natureza estarán presentes en cada unha das etapas.
O paquete inclúe 7 noites de aloxamento, un bo almorzo cada día para comezar con forza a etapa, un pequeno picnic para levar durante o Camiño (nunca se sabe cando chega a fame 😋 ), o transporte da equipaxe durante as etapas (déixala no aloxamento e nós levámola até o seguinte), o seguro de actividades deportivas e a documentación necesaria para disfrutares de toda a túa viaxe desde o primeiro momento.
Programa
Día 2. Almorzo completo. Etapa Sarria – Portomarín (con picnic). Aloxamento en Portomarín
Día 3. Almorzo completo. Etapa Portomarín – Palas de Rei (con picnic). Aloxamento en Palas de Rei
Día 4. Almorzo completo. Etapa Palas de Rei – Melide (con picnic). Aloxamento en Melide. Non esquezas comer o 🐙
Día 5. Almorzo completo. Etapa Melide – Arzúa (con picnic). Aloxamento en Arzúa. Lugar perfecto para desgustar un bo 🧀 Arzúa-Ulloa.
Día 6. Almorzo completo. Etapa Arzúa – O Pedrouzo (con picnic).
Día 7. Almorzo completo. Etapa O Pedrouzo – Santiago (con picnic). Aloxamento en Santiago.
Día 8. Almorzo e volta para 🏠
Servizos
– 7 almorzos completos
– 6 picnics para levar durante o Camiño
– transporte da equipaxe durante as etapas
– seguro de viaxe para actividades deportivas
– credencial e outra documentación
– visita guiada polos tellados da Catedral (suxeito a disponibilidade)
Días
8
Camiño
Francés
Prezo
544