O Camiño dos ingleses a Santiago
Segue os pasos dos peregrinos que viñan do mar
Esta ruta de peregrinación naceu polas viaxes de devotos ingleses, escoceses, irlandeses, escandinavos, flamencos e de oturos países do norte de Europa que chegaban en barco aos portos galegos da Coruña e Ferrol. A recuperación deste Camiño produciu, na actualidade, dous posibles puntos de partida, un desde cada cidade. O que aquí che propomos é o que comeza en Ferrol. Un percorrido curto, agradable e ben sinalizado, que gaña cada ano máis entusiastas.
Un Camiño que te sorprenderá polas súas paisaxes verdes e pola súa tranquilidade. Con espazos para descansar, tomar fotos ou disfrutar dunha magnífica gastronomía. Un programa ideal para facer nunha semana de verán e aproveitar os festivais ou festas da zona.
Programa
Fai como os antigos peregrinos que arribaban pola mar ao peirao de Curuxeiras, onde desembarcaban para continuar a súa peregrinación por terra firme. Aproveita para visitar o Castelo de San Felipe e o sistema defensivo da ría de Ferrol.
– Día 2. Etapa Ferrol – Pontedeume
Chegarás a Pontedeume despois de atravesar a súa magnífica ponte medieval sobre o Eume, chea de historias. É que en Galicia todas as nosas pedras contan historias e lendas!
– Día 3. Pontedeume – Betanzos
Noutro tempo unha das sete cabezas do Reino de Galicia. Conserva un magnífico casco histórico coa súa igrexa de Santiago o de Santa María de Azougue como elementos principais. Xunto, claro está, á famosa tortilla de patacas de Betanzos.
– Día 4. Betanzos – San Paio de Buscás
Nesta etapa verás a confluencia dos camiños que proceden de Ferrol e da Coruña.
– Día 5. San Paio de Buscás – Sigüeiro
Penúltima etapa de Camiño que remata ao pé do río Tambre, que garda unha bonita sorpresa a escasos metros da vila de Sigüeiro. A praia fluvial do Refuxio.
–Día 6. Sigüeiro – Santiago
Entrarás na cidade polo norte, atravesando os barrios de San Caetano e Basquiños até chegar á cidade vella.
Servizos
– 6 almorzos completos para peregrinos
– traslado de equipaxe durante as etapas
– credencial e documentación da viaxe
– visita guiada polos tellados da Catedral (suxeito a disponibilidade)
– seguro de viaxe para actividades deportivas
Días
7
Camiño
Inglés
Prezo
510