A GINCANA DO CAMIÑO


Goza dunha experiencia de dous días para dúas persoas na que descubrir a antiga cidade de Lugo e o Camiño Primitivo dun xeito diferente a través de probas, desafíos e múltiples actividades nas que poñer a proba as vosas destrezas e habilidades.

A quen non lle chama a atención a idea de facer o Camiño de Santiago dun xeito diferente ao habitual? Se buscas algo distinto, orixinal e novedoso, en Experiencias del Destino ofrecémosche a oportunidade de descubrir “A Xincana do Camiño”!

🛤️Esta singular xincana forma parte do Camiño Primitivo que, como o seu nome indica, é coñecido como o primeiro Camiño oficial de Santiago. Esta Ruta da Xacobea gañou un gran prestixio nos últimos anos, grazas á autenticidade das súas paisaxes, á súa certa dureza e ao seu crecemento no número de peregrinos.

✌🏻Se estás facendo o Camiño Primitivo e necesitas un descanso, estás pensando en facelo ou simplemente queres saber máis sobre el… propoñémosche unha experiencia de dous días para dúas persoas en Lugo, unha das paradas máis obrigadas do Camiño Primitivo pola súa importante historia e patrimonio.

Canto coñeces Lugo e o Camiño Primitivo?

👥Percorre a cidade amurallada con quen ti máis prefiras dun xeito divertido, cun percorrido pensado para persoas que queiran espertar os seus sentidos.

🗺️Esta xincana constará dun conxunto de probas, unhas máis difíciles e outras máis sinxelas, que terán unha puntuación diferente segundo a súa dificultade; retos que che axudarán a coñecer a historia e a cultura de Lugo e o seu Camiño de Santiago Primitivo.

🛣️A actividade comezará coa presentación e benvida por parte da coordinador ou coordinadora que vos explicará en que consiste a xincana, así como a súa temática e funcionamento. Ademais, entregaráselle a cada participante o material necesario para comezar esta apaixonante aventura: o route book, tamén coñecido como a guía do turística intrépido. Escolle o formato que máis prefires: xincana de competición ou grupal, e completa todas as probas con éxito para gañar tamén un premio especial, reservado para os xogadores máis ambiciosos.

🔎Resolvede pistas e misterios a través dun percorrido polos monumentos, museos, estatuas, prazas e lugares máis singulares da cidade romana de Lugo. Lembra; só precisades ter unha mente esperta e un gran espírito aventureiro.

🏨Para que a túa parada en Lugo sexa aínda mellor, ofrecémosche dous días de estancia no hotel Forum Ceao; un imprescindible da cidade que conta con diferentes espazos modernos e moi cómodos, entre eles un ximnasio gratuíto, zonas de coworking, coliving e unha ludoteca na que gozar e desconectar con diferentes xogos.

🍽️Ademais, goza da gran gastronomía lucense na Taberna Terra, unha impresionante e moderna taberna xusto ao carón do hotel caracterizada polos seus produtos locais e de calidade. Un lugar tranquilo onde poder compartir unha cea tradicional en compañía, formando un engranaxe perfecto para crear unha fin de semana única na cidade de Lugo.

Programa
Día 1
● De 15:00 a 23:00 h. Check-in no Hotel Forum Ceao. Habitación dobre para dúas persoas con acceso a ximnasio e zonas comúns.
● De 21:00 a 23:00 h. Cea para dúas persoas na Taberna Terra.

Día 2
● De 9:00 a 11:00 h. Almorzo para dúas persoas na Taberna Terra.
● 11:00 h. Xincana turística por Lugo (inicio en Plaza Pio XII, frente a la fachada principal de la Catedral de Lugo).

Día 3
● De 9:00 a 11:00 h. Almorzo para dúas persoas na Taberna Terra
● 12:00 h. Check-out e fin do servizo.
Servizos
● Dous kits do peregrino EdD.
● Planificación detallada da vosa fin de semana en Lugo.
● Dúas noites de aloxamento no Hotel Forum Ceao con almorzo incluído para dúas persoas en habitación dobre con acceso a un ximnasio gratuíto e espazos comúns.
● Cea para dúas persoas na Taberna Terra.
● Xincana turística en Lugo para dúas persoas. Inclúe deseño do percorrido e probas de tránsito, route-book personalizado e recursos para a impartición da actividade.
● Premio especial para o participante que consiga resolver completamente a Xincana do Camiño.
● Seguro de Responsabilidade Civil e Seguridade Social.
● Xestión e control do Grupo EdD.

Aviso importante! Data máxima de compra co teu bono Xacobeo Xove: novembro de 2024 ou ata fin de existencias dos vales (a Xunta de Galicia estreou un total de 3000 vales nesta campaña, e que tendo en conta a gran acollida que está a ter esta iniciativa, é posible que se esgoten). Data máxima para gozar das experiencias: novembro de 2024.
Días
Experiencia de 3 días. Reservas de lunes a sábado, sujeto a disponibilidad.
Camiño
Primitivo
Prezo
400

Experiencias del Destino

Contacto para reservas: Belén Encabo – 982 221 775 628 325 030 – info@experienciasdeldestino.com