A TÚA MASCOTA NO CAMIÑO


En Experiencias del Destino pensamos que non hai mellor forma de facer o Camiño que en compañía do teu mellor amigo. Goza dunha experiencia petfriendly pola Ruta Xacobea Mar de Arousa e Río Ulla en compañía persoa que mais prefiras a e do teu gran amigo de catro patas.

Aventúrate a percorrer o Camiño de Santiago coa túa mascota, unha experiencia máis que enriquecedora para estreitar aínda máis os lazos xa existentes entre humanos e animais. 👣🐾

⛔Normalmente esta viaxe é bastante difícil a nivel loxístico, debido á escaseza de aloxamentos que admiten mascotas dispoñibles no Camiño de Santiago, e máis aínda se falamos do Camiño de Santiago por Mar.

Non obstante, dende EdD ofrecémosche o paquete “A túa mascota no Camiño”, unha experiencia pola Ruta Xacobea Mar de Arousa e Río Ulla na que poderás realizar divertidas actividades acuáticas coa túa mascota e comezar a selar a túa Cartilla Náutica do Camiño de Santiago por Mar. Unha oportunidade de percorrer os lugares onde, segundo conta a lenda, o corpo do Apóstolo Santiago chegou dende Xerusalén a Galicia. 🐶🌊

🗺️Queres obter a Traslatio Xacobea? Facilitarémosche esta Cartilla Náutica, equivalente á Compostelana pero para o Camiño de Santiago por Mar, para comezar o selado nos portos da Ría de Arousa. Sabías que despois do selado inicial no Porto Deportivo Pedras Negras de San Vicente do Mar ou en Ribeira, só son necesarios un mínimo de dous selados máis en porto para acadar esta certificación? Por último, vai co teu Certificado Náutico á Igrexa de Santiago de Padrón como última parada para obter o teu Diploma.

Un plan diferente para aquelas persoas que lles gusta viaxar sen deixar atrás a súa mascota. 🦮🧳

🏡Este itinerario marítimo inclúe dúas noites en aloxamento petfriendly xunto ao mar na zona costeira da Pobra de Caramiñal, para que ti e a persoa que elixas sintádesvos como na túa casa viaxando cos vosos animais domésticos.

Para encher esta experiencia de adrenalina e bos momentos propoñémosche dúas actividades acuáticas: unha de kaiak e outra de paddle surf con todo o material necesario para vós e os vosos amigos de catro patas. 🚣🏄🏻♀️

⚓Ademais de para selar a vosa Cartilla Náutico, recomendámosche aproveitar o tempo libre para visitar os barrios pesqueiros de Ribeira, A Pobra do Caramiñal e Boiro. Unha boa ocasión para visitar os museos e centros de interpretación da cultura mariñeira e as igrexas vinculadas a Santiago Apóstol, ou simplemente para relaxarse fronte o mar sentindo a brisa e as ondas.

Se tamén sodes amantes dos deportes e do contacto coa natureza, non podedes marchar da Pobra sen facer a súa famosa Ruta polas Pozas do río Pedras. Esta esixente pero gratificante ruta comeza na Praza Maior de A Pobra do Caramiñal e ofrece unhas estupendas vistas de toda a Ría de Arousa dende o monte da Curota, ademáis dun gran momento de relax para os propietarios e as súas mascotas nas piscinas naturais que forma o río Pedras. 🥾🌳

⚠️Non esquezas que podes aproveitar o teu desconto Xacobeo Xove de 200€ ata novembro de 2024 ou ata esgotar o stock. Non perdas o teu!

Programa
Día 1.
● Check-in no aloxamento da Pobra do Caramiñal. Cabana petfriendly para dúas persoas e mascotas á beira do mar, con praza de aparcamento incluída.
● Tempo libre na Pobra do Caramiñal. Recoméndase a visita aos barrios cataláns, ao museo Valle-Inclán na Torre de Bermúdez, á casa Raquel Soler, etc.

Día 2.
● Punto de encontro e benvida no porto da Pobra do Caramiñal.
● Entrega da Traslatio Xacobea da Fundación Ruta Xacobea Mar de Arousa e Río Ulla.
● Preparación do equipamento nunha base náutica totalmente equipada.
● Traslado á praia de Cabio para practicar actividades de kayak e paddle surf con mascotas para dúas persoas. Duración aproximada: 2 horas.
● Regreso á base náutica da Pobra, aseo e muda de roupa.
● Tempo libre para visitar a vila mariñeira de Ribeira e para selar a Cartilla Náutica (imprescindible o estampado como punto de partida do caderno).


Día 3.
● Check-out no aloxamento.
● Tempo libre na Pobra do Caramiñal ou Boiro para o selado da Cartilla. Como plan petfriendly recoméndase ademáis realizar a Ruta polas Pozas do Río Pedras (Distancia: 22,52 km. Duración aproximada 8 horas).
● Fin do servizo
Servizos
● Planificación detallada da experiencia “A túa mascota no Camiño”.
● Dúas noites de aloxamento en cabana petfriendly de dúas prazas con cociña, terraza e praza de coche.
● Actividade de iniciación ao kayak e ao paddle surf coa túa mascota para dúas persoas (Duración aproximada: 2 h.)
● Equipamento e monitor certificado para a realización das actividades.
● Zona de auga e saneamento para animais ao remate da actividade.
● Dúas cartas náuticas Traslatio Xacobea da Ruta Xacobea Mar de Arousa e Río Ulla.
● Seguro de viaxe con servizo de asistencia telefónica 24 horas

Non incluído:
● Traslados terrestres desde aloxamento e actividades por conta do cliente.

Aviso importante! Data máxima de compra co teu bono Xacobeo Xove: novembro de 2024 ou ata fin de existencias dos vales (a Xunta de Galicia estreou un total de 3000 vales nesta campaña, e que tendo en conta a gran acollida que está a ter esta iniciativa, é posible que se esgoten). Data máxima para gozar das experiencias: novembro de 2024.
Días
Experiencia de 3 días. Reservas de luns a domingo, suxeito a disponibilidade e condicións meteorolóxicas favorables.
Camiño
Ruta del Mar de Arousa-Rio Ulla
Prezo
300

Experiencias del Destino

Contacto para reservas: Belén Encabo – 982 221 775 628 325 030 – info@experienciasdeldestino.com