Camiño Inglés desde Ferrol


8 días, de Ferrol a Compostela

A peregrinación xacobea atraeu na Idade Media a xentes e sociedades de toda Europa; tamén da “afastada Europa”.

Un roteiro que seguiron os peregrinos que chegaron á costa coruñesa en barco ata Santiago de Compostela. Un camiño cheo de patrimonio e historia, predominando o verde e a calma.

Este camiño naceu en plena Idade Media por unha combinación de motivos espirituais e loxísticos, froito dunha hábil fusión de transporte comercial e de pasaxeiros que permitiu que moitos fieis de Gran Bretaña, Irlanda ou do norte de Europa embarcasen en navíos mercantes para visitar a tumba do Apóstolo. Tras baixar a porto iniciaban un curto itinerario por terra ata Compostela, xa fose en cabalerías ou a pé, que hoxe en día se recuperou e que se coñece como Camiño Inglés.
Dita denominación oficial, como é lóxico, non acaba de compracer aos peregrinos irlandeses, que reivindican que este roteiro debería chamarse “dos ingleses e os irlandeses”, pois ambas as nacionalidades achegaron similar número de peregrinos, á luz dos datos que constan nos rexistros de navíos que fondeaban ou partían nos diferentes portos.

Programa

Día 1 Ferrol Chegada por conta do cliente a Ferrol e aloxamento en Ferrol incluído.
Día 2 Ferrol • Neda (14 km)
Día 3 Neda • Miño (26 km)
Día 4 Miño • Betanzos (10 km)
Día 5 Betanzos • Mesón do Vento (24 km)
Día 6 Mesón do Vento • Santa Cruz de Montádevos (16 km)
Día 7 Santa Cruz de Montádevos • Santiago (22 km)
Día 8 Santiago Check out e fin dos nosos servizos

Servizos

SERVIZOS INCLUÍDOS
• 7 noites en aloxamento e almorzo en habitación con baño privado
• Transporte de mochilas para cada unha das etapas (máx. 18 kg por vulto)
• Aloxamentos garantidos: hoteis, hostais, pensións ou casas rurais
• 1 visita ao centro histórico de Santiago (2h en castelán)
• Mapas de roteiro
• Teléfono de emerxencia 24h
• Seguro básico de asistencia

SERVIZOS NON INCLUÍDOS
• Transfer in/out
• Calquera outro servizo non indicado en “Servizos Incluídos”

SERVIZOS OPCIONAIS
3º persoa en cama extra: 10% de dto. sobre prezo por persoa en dobre
Media Pensión (cea): 23€ por persoa e servizo
Picnic (1 bocadillo +1 bebida + 1 froita): 13 € por servizo

Días

8

Camiño

Inglés

Prezo

440


Vientoaparente

Contacto para reservas: Ana Veiga – 981 07 28 18 – hola@vientoaparente.es