CATANDO O CAMIÑO


Como o bo viño, esta experiencia vívese mellor en boa compañía. Goza dun paquete de tres días pola Ribeira Sacra centrado no viño como protagonista principal.

🍷Eres amante do viño e queres coñecer os distintos tipos de experiencias que che pode ofrecer o enoturismo?

📍A Ribeira Sacra é actualmente un dos paraísos enoturísticos máis importantes de Galicia co viño e a cultura como os seus sinais de identidade.

🍇Por unha banda, a produción desta bebida, así como o cultivo da vide, foi introducida polos colonizadores romanos nestas terras hai máis de dous mil anos. Posteriormente foron os monxes cristiáns os que asumiron esta actividade e hoxe en día a súa produción segue a ser o motor económico da comarca así como un fito cultural grazas á súa tradición de viticultura heroica.

🏞️As fermosas paisaxes que conforman os Cañóns do Sil e a localización dos viñedos nas súas ladeiras, fan deste un lugar único. Sabías que a Ribeira Sacra é o destino con maior concentración de arte románica por metro cadrado de Europa? Non podes abandoar este lugar sen visitar a arte espallada polos seus recunchos.

👀Desde Destino Experiences propoñémosche unha estancia de tres días para dúas persoas neste paraíso vitivinícola ao pé do Camiño de Inverno no que gozar…
● Aloxamento EXPERIENCIAL 👉🏻 Dúas noites de descanso no moderno e luxoso Hotel Iberik Augas Santas Balneario & Golf 4*. Habitación dobre con media pensión (almorzo e cea).
● EXPERIENCIA DE SAÚDE E BENESTAR 👉🏻 Momento de relax nun circuíto termal para dúas persoas no Iberik Augas Santas Balneario. Este complexo de augas mineromedicinais conta con diferentes sistemas de hidroterapia, piscinas a diferentes temperaturas e saunas.
● EXPERIENCIA ENOTURISMO 👉🏻 Paseo guiado en catamarán polos Canóns do Sil de 2 horas de duración. Unha visita panorámica imprescindible para coñecer a esencia desta paisaxe dende o seu corazón.
● ENOASTRONOMÍA EXPERIENCIA 👉🏻 Visita guiada para dúas persoas con degustación comentada de 5 viños nun balcón sobre os canóns do Sil. Ideal para descubrir os segredos da elaboración do viño e a máxima expresión das uvas Mencía, Godello e Tempranillo nunha das adegas máis visitadas de Galicia.
● EXPERIENCIA ENOCULTURAL 👉🏻 Visita guiada especial “Vinum e Lútum” pola Rectoral de Gundivós. Visita guiada a unha casa reitoral fidalga do século XVIII, hoxe transformada nun auténtico centro de olería. Un lugar máxico onde poder revivir a súa tradición oleira presenciando a elaboración artesanal dunha peza única utilizando técnicas milenarias, ademais de degustar os seus viños D.O. Ribeira Sacra nun entorno tan singular.
● RUTA DO VIÑO 👉🏻 Visita guiada de 1 hora polos viñedos no tren turístico Aba Sacra. Unha viaxe diferente polos viñedos de Amandi no Canón do Sil que non debes perderte antes de saír.

‼️Ademais, se tes carné xove, aproveita as vantaxes do bono Xacobeo Xove. Non perdas a oportunidade e aproveita un desconto de 200€ por persoa neste paquete se o reservas antes de novembro de 2024. 👏🏻

Programa
Día 1:
● A partir de las 16:00 h. Check-in no Hotel Iberik Augas Santas Balneario & Golf 4*. Habitación dobre con réxime de media pensión (almorzo e cea) para dúas persoas.
● De 10:00 a 14:00 y de 17:00 a 21:00 h. Experiencia de saúde e benestar en Iberik Augas Santas Balneario. Acceso de 1 hora e media a circuito termal para dúas persoas.
● De 21:00 a 22:30 h. Cea no restaurante do hotel.

Día 2:
● De 8:00 a 10:30 h. Almorzo tipo buffet no hotel.

● 11:30 h. (Embarque a las 11:10 h). Saida do Catamarán dende o Embarcadeiro da Deputación de Lugo–Ponte do Sil para ruta en barco guiada polos Cañóns do Sil. Duración aproximada do tour: 2h.
● 16:30 h. Experiencia enogastronómica en Bodegas Regina Viarum. Visita guiada e degustación comentada de cinco viños para dúas persoas.
● A determinar de 16:00 a 20:00 h. Experiencia enogastronómica e cultural en Rectoral de Gundivós. Visita guiada especial Vinum et Lútum (viño e barro).
● De 21:00 a 22:30 h. Cea no restaurante do hotel.

Día 3:
● De 8:00 a 10:30 h. Almorzo tipo buffet no hotel.
● Hasta 12:00 h. Check-out.
● 11:30 h. Wine Tour en Doade. Percorrido guiado polos viñedos dos Cañones del Sil no tren turístico Aba Sacra. Duración aproximada do tour: 1h.
Servicios:
● Planning detallado da vosa experiencia Catando o Camiño.
● Dúas noites de aloxamento Hotel Iberik Augas Santas Balneario & Golf 4*. Habitación doble con réxime de media pensión.
● Saúde e benestar en Iberik Augas Santas Balneario. Acceso de 1 hora e media a circuito termal para dúas persoas.
● Paseo en catamarán polos Cañóns do de 2 horas de duración con saída e regreso o embarcadeiro de Doade.
● Experiencia de enoturismo para dous nas bodegas Regina Viarum. Visita guiada pola bodega con degustación comentada de 5 vinos en balcón sobre os Cañóns do Sil.
● Experiencia enocultural para dous en Rectoral de Gundivós. Visita guiada especial Vinum et Lútum (vino e barro).
● Tour guiado de 1 hora polos viñedos en tren turístico Aba Sacra
● Seguro de viaxe con servizo de asistencia telefónica 24 horas.
Servizos
● Planning detallado da vosa experiencia Catando o Camiño.
● Dúas noites de aloxamento Hotel Iberik Augas Santas Balneario & Golf 4*. Habitación doble con réxime de media pensión.
● Saúde e benestar en Iberik Augas Santas Balneario. Acceso de 1 hora e media a circuito termal para dúas persoas.
● Paseo en catamarán polos Cañóns do de 2 horas de duración con saída e regreso o embarcadeiro de Doade.
● Experiencia de enoturismo para dous nas bodegas Regina Viarum. Visita guiada pola bodega con degustación comentada de 5 vinos en balcón sobre os Cañóns do Sil.
● Experiencia enocultural para dous en Rectoral de Gundivós. Visita guiada especial Vinum et Lútum (vino e barro).
● Tour guiado de 1 hora polos viñedos en tren turístico Aba Sacra
● Seguro de viaxe con servizo de asistencia telefónica 24 horas.

Aviso importante! Data máxima de compra co teu bono Xacobeo Xove: novembro de 2024 ou ata fin de existencias dos vales (a Xunta de Galicia estreou un total de 3000 vales nesta campaña, e que tendo en conta a gran acollida que está a ter esta iniciativa, é posible que se esgoten). Data máxima para gozar das experiencias: novembro de 2024.
Días
Experiencia de 3 días. Reservas de luns a domingo, suxeito a disponibilidade e condicións meteorolóxicas favorables. *Por razón meteorolóxicas este paquete so estará dispoñible dende Semana Santa (finais de marzo – principios de abril) ata a Ponte da Constitución (decembro).
Camiño
Invierno
Prezo
600

Experiencias del Destino

Contacto para reservas: Belén Encabo – 982 221 775 628 325 030 – info@experienciasdeldestino.com