Vigo – Santiago. Camiño portugués pola costa

Esta ruta de peregrinación nace das viaxes de ingleses, escoceses, irlandeses, escandinavos, flamencos e outros devotos do norte de Europa que chegaban en barco aos portos galegos da Coruña e Ferrol. A recuperación deste Camiño deu na actualidade dous posibles puntos de partida, un por cada cidade. O que aquí propoñemos é o que comeza en Ferrol. Unha ruta curta, agradable e ben sinalizada, que cada ano gaña máis adeptos.
Un Camiño que che sorprenderá coas súas paisaxes verdes e a súa tranquilidade. Con espazos para descansar, facer fotos ou gozar dunha magnífica gastronomía. Un programa ideal para facer nunha semana de verán e aproveitar as festas ou festivais da zona.


Camiña pegado ao mar e descubre as costas galegas

Un camiño de fermosas paisaxes, co mar sempre ao teu carón e atravesando unha das zonas máis especiais de Galicia: as famosas Rías Baixas, paraiso gastronómico e enolóxico, paisaxístico e monumental. Disfrutaralo!

Programa

– Día 1. Chegada a Vigo. Aproveita un día para coñecer unha das cidades máis grandes de Galicia.
– Día 2. Etapa Vigo – Redondela. Atravesa a cidade polo barrio obreiro de Teis, co faro mirándote dende o alto do monte de A Guía, chegarás a Redondela, a chamada cidade dos viaductos.
– Día 3. Etapa Redondela – Pontevedra. Un novo esforzo levarache ao alto de O Viso, terás unha das mellores vistas sobre a famosa ría de Vigo — a que retrató Jules Verne en 20.000 leguas de viaxe submarino. Chegarás a Arcade, vila famosa polas ostras que produce a súa ribera. Un bo lugar para facer unha parada para xantar. Continúa até Pontevedra unha cidade medieval que conserva o seu casco vello en un perfecto estado de conservación.
– Día 4. Etapa Pontevedra – Caldas de Reis. O camiño abandona Pontevedra pola histórica ponte do Burgo, alí onde o río Lérez se transforma en ría. Neste punto o Camino Portugués pola costa deixa finalmente o trazado litoral para dirixirse cara o interior, en busca de Santiago de Compostela.
– Día 5. Etapa Caldas de Reis – Padrón. Esta etapa continúa avanzando por zonas rurais, con pequenas poblacións e aldeas. Casi chegando ao fin de etapa cruzarás o río Ulla, un dos máis importantes de Galicia e un dos cauces principais da maior e máis produtiva ría de Galicia: a ría de Arousa.
– Día 6. Etapa Padrón – Santiago de Compostela. Atravesarás pequenas aldeas, sempre en ascenso moderado, chegarás a Santiago pasando por Iria Flavia, onde se atopaba o bispado de Teodomiro no momento do descubrimento do túmulo do apóstol, en pleno século X. Tamén pasarás por O Milladoiro, que hoxe é cidade dormitorio de Santiago. Segue camiñando e entrarás na cidade dende o sur, pola Porta Faxeira da antigua muralla e a rúa do Franco, nome relacionado cos peregrinos.
– Día 7. Aproveita o día para descubrir Santiago de Compostela e as múltiples opcións de visitas que tes tanto a catedral como aos seus principais monumentos.

Servizos

– 6 noites de aloxamento en habitación dobre con baño privado
– 6 almorzos completos para peregrinos
– traslado de equipaxe durante as etapas
– credencial e documentación de viaxe
– seguro de viaxe para actividades deportivas

Días

7

Camiño

Portugués por la Costa

Prezo

460


Camino de Santiago con PROGUÍAS

Contacto para reservas: Alba Rodríguez – 981539494 633111949 – reservas@proguias.es