Experimenta o Camiño – Camiño Francés: de Arzúa a Santiago


Escapada para achegarse ao Camiño

Este paquete está destinado a peregrinos que non dispoñen do tempo suficiente para camiñar a Compostela. Propoñemos unha escapada de 4 días e 3 noites que permita ao cliente camiñar desde Arzúa a Santiago e gozar destas dúas últimas etapas do Camiño Francés e do ambiente entre os peregrinos.

O programa garante total comodidade nos aloxamentos, sempre con baño privado, transporte de mochilas para facilitar a marcha mapas de roteiro e un teléfono de emerxencias no caso de calquera incidencia.

Como colofón a esta experiencia, o viaxeiro poderá gozar tamén dunha visita guiada a Santiago e dunha boa cena de despedida nun restaurante típico da cidade. Una experiencia inesquecible.

Programa
1º día.- Chegada por conta do cliente a Arzúa e aloxamento en Arzúa
2º día.- Arzúa – Amenal / O Pino / Pedrouzo (19km aprox)
3º día.- Amenal / O Pino / Pedrouzo – Santiago (22km aprox)
4º día.- Check out e fin de servizos.
Prezo por pax/paquete en dobre: 300.00 Eur
Prezo por pax/paquete en single: 385.00 Eur
DATAS DE GOCE: 16 DE OUTUBRO DE 2023 Ao 10 DE DECEMBRO DE 2023
RESERVA BAIXO PETICIÓN
Servizos
Inclúe:
3 Noites en aloxamento e almorzo en habitación con baño PRIVADO
Transporte de mochilas para cada unha das etapas ( Max 18k por vulto)
Aloxamentos garantidos: Hoteis, hostais, Pensións ou Casas Rurais.
1 Visita ao Centro histórico de Santiago (2h en castelán).
Cea en restaurante típico en Santiago
Mapas de Roteiro
Teléfono de Emerxencia 24h
Seguro de asistencia

Non Inclúe:
Credenciais.
Transfer IN/OUT
Calquera outro servizo non indicado en ” Prezo final inclúe”

Servizos opcionais:
3º pax en cama extra: 10% dto sobre prezo de pax en dobre.
Seguro de cancelación.

DATAS DE GOCE: 16 DE OUTUBRO DE 2023 Ao 10 DE DECEMBRO DE 2023
RESERVA BAIXO PETICIÓN
Días
4 días / 3 Noites
Camiño
Francés
Prezo
300

Viajes Interrias

Contacto para reservas: Esteban Recamán – 986724102 986724102 – incoming2@interrias.com