O Camiño Portugués desde a fronteiriza vila de Tui
Esta vella cidade fronteiriza a pe do río Miño que separa Galicia de Portugal será a túa primeira parada para comezar o Camiño
En Tui descubrirás a historia dun bispado que se extendeu alén da fronteira durante séculos. Camiña cruzando os vales que forman as famosas Rías Baixas, terra de mar e viño Albariño, e adéntrate nas cidades e vilas históricas da costa máis humanizada de Galicia, como Pontevedra ou Padrón e Iria Flavia, berces do fenómeno Xacobeo. Ao comenzar o Camiño Portugués desde Tui, 114 km son os que te separan de Santiago, meta final da peregrinación xacobea. Ao chegares, terás cumprido coas esixencias da Compostela, o documento que acredita a quen peregrina a pé ao túmulo do apóstolo.
Déixate sorprender pola amabilidade das vilas e a riqueza patrimonial e natural deste Camiño!
Programa
Percorre unha das antigas 7 capitais do Reino de Galicia. Alí encontrarás tesouros por descubrir, como a intersantísima catedral-fortaleza de santa María, levantada fronte á fortaleza de Valença do Miño.
– Día 2. Etapa Tui – O Porriño. Aloxamento no Porriño
Magnífica etapa inicial, para a que che recomendamos que optes pola alternativa que percorre o espazo natural das Gándaras de Budiño e o Río Louro. Deste modo evitas unha longa camiñada por un dos maiores polígonos industriais de Galicia.
– Día 3. Etapa O Porriño – Redondela. Aloxamento en Redondela
Durante esta etapa atoparás o miliario romano de Vilar de Infesta e seguirás a vella calzada romana XIX que unía Braga con Astorga “per loca maritima”.
– Día 4. Redondela – Pontevedra. Aloxamento en Pontevedra
Cando chegues a Arcade, vila famosa polas ostras e o marisco, fai unha paradiña 🦪. Recomendado! Despois de atravesar a ponte romana sobre o río Verdugo, comezarás o teu descenso cara a Pontevedra, para rematar na famosa Boa Vila.
– Día 5. Pontevedra – Caldas de Reis. Aloxamento en Caldas de Reis.
Nesta etapa poderás comer no Parque de Natureza do Río Barosa, disfrutar das augas termais de Caldas de Reis ou realizar unha cata de viño D.O. Rías Baixas. Ademais de continuar a disfrutar das paisaxes amables e humanizadas das Rías Baixas.
– Día 6. Caldas de Reis – Padrón. Aloxamento en Padrón
Esta etapa remata en Padrón, onde, segundo a tradición, atracou a embarcación que transportaba o corpo do apóstolo Santiago cando os seus discípulos Teodoro e Atanasio o trouxéron de volta á Gallaecia.
– Día 7. Padrón – Santiago de Compostela. Aloxamento en Santiago
Entrarás en Santiago polo sur, pola Porta Faxeira da antiga muralla en dirección ao Obradoiro. Emociona, sen dúbida.
– Día 8. Almorzo en Santiago
Despois de almorzar e recuperar forzas, remata a túa peregrinación, pero non a túa viaxe 🙂
Servizos
– 7 almorzos completos para peregrinos.
– 6 picnics para levar durante as longas camiñadas.
– traslado da equipaxe entre as etapas.
– credencial e documentación extra.
– seguro de viaxe para actividades deportivas.
Días
9
Camiño
Portugués interior
Prezo
509