OS ATARDECERES DO CAMIÑO


Viaxa máis aló do cabo Finisterre para gozar do fermoso solpor considerado dende época romana como o sol do fin do mundo. Propoñémosche unha fin de semana en Fisterra para gozar con quen ti elixas de dúas noites nun hotel con vistas ao mar, así como dunha ruta polo atardecer nos mares do cabo Finisterre onde poder ver o solpor, os golfiños e o fondo submarino.

🤔¿Sabías que os romanos pensaban que a terra era plana e que máis aló da península formada polo cabo Finisterre non había nada? Finisterre, coñecido no Imperio como Finis Terrae, pensábase que era o punto máis occidental do mundo e polo tanto o fin da terra xa que para eles era o lugar onde morre o sol.🌅

⚓Viaxa ata o fin do mundo para ver un dos atardeceres máis fermosos da terra.

🌍A península de Fisterra agocha o verdadeiro segredo da Costa da Morte: paisaxes escarpadas, praias salvaxes, augas tranquilas e non tan tranquilas… que farán da túa visita unha experiencia.

⏳Desde tempos antigos, o Faro de Finisterre atraeu a curiosidade de aventureiros e visitantes que viaxaron ata esta terra enigmática para admirar o solpor sobre a inmensidade do océano coñecido como o mar do fin do mundo.

🧳Ofrecémosche unha fin de semana para dúas persoas nun hotel fronte ao mar onde poder absorber as ondas🌊, a brisa do mar💨 e unhas incribles vistas ao océano👀. Nestes dous días poderás tamén descubrir todos os segredos que esconde esta fermosa península, dende a súa misteriosa costa que tantos naufraxios foi testemuña de 🏴☠️ ata a súa rica gastronomía🦀.

⛴️Para culminar esta viaxe polo Camiño de Fisterra e Muxía, realizarás unha ruta en barco durante o solpor con observación de golfiños🐬 e visión submarina🐠. Un percorrido🦺 polos mares do cabo Finisterre partindo do Porto de Fisterra, pasando pola praia de Langosteira, a praia do Sardiñeiro, a praia da Estorde e finalmente vendo o especial sol do fin do mundo no cabo Finisterre.🌅

Programa

Venres:
● De 15:00 a 23:00 h. Check-in en aloxamento de Fisterra. Habitación dobre matrimonial ou twin con vistas ao mar e con desayuno buffet para dúas persoas incluído.

Sábado:
● De 8:00 a 11:00 h. Desayuno tipo buffet no aloxamento.
● 19:30 h. Ruta en barco polos mares del Cabo Finisterre para ver o solpor, avistamento de golfiños e visión submarina. Duración aproximada do tour: 1h 30min.

Domingo:
● De 8:00 a 11:00 h. Desayuno tipo buffet no aloxamento.
● Hasta 12:00 h. Check-out e fin do servizo

Servizos

● Planificación detallada da túa fin de semana en Fisterra.
● Dúas noites de aloxamento en Fisterra con almorzo incluído para dúas persoas en habitación dobre con vistas ao mar.
● Ruta en barco para dúas persoas polos mares do cabo Finisterre para ver a posta de sol, observación de golfiños e visión submarina.
● Seguro de viaxe con atención telefónica 24 horas.

Aviso importante! Data máxima de compra co teu bono Xacobeo Xove: novembro de 2024 ou ata fin de existencias dos vales (a Xunta de Galicia estreou un total de 3000 vales nesta campaña, e que tendo en conta a gran acollida que está a ter esta iniciativa, é posible que se esgoten). Data máxima para gozar das experiencias: noviembre de 2024.

Días

Experiencia de 3 días de viernes a domingo. Reservas los viernes, sujeto a disponibilidad y condiciones meteorológicas favorables.

Camiño

Muxía Finisterre

Prezo

300


Experiencias del Destino

Contacto para reservas: Belén Encabo – 982 221 775 628 325 030 – info@experienciasdeldestino.com